5.6.08

Inaugurado en Navia o novo centro de formación da FOREM

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu hoxe ao acto de inauguración do novo centro de formación que abre en Navia a Fundación Formación e Emprego de Galicia, a FOREM, iniciativa do sindicato Comisións Obreiras. Nas instalacións da rúa Teixugueiras, os alumnos poderán facer uso de dúas aulas de informática, un taller de electricidade, un aula polivalente e unha cociña industrial; instalacións na que se formarán tanto os desempregados como os traballadores en activo. A actividade principal da FOREM é a formación e a orientación, tanto unha coma outra enfocadas á capacitación e orientación dos traballadores e traballadoras cara ao emprego, co obxectivo de que a reciclaxe e a cualificación sexan continuas e que as mellores cualificacións conseguidas polos traballadores reflictan na mellora das súas condicións laborais. O alcalde de Vigo, pola súa banda, salientou a labor da Fundación na cualificación do capital humano, característica que Abel Caballero considera necesaria para o crecemento económico da cidade e para a obtención dun emprego "estable e de calidade", mostra dunha "sociedade moderna e avanzada".

1 comentario:

Anónimo dijo...

ya de paso podía inaugurar un parque infantil para los niños del pau. por pedir q no sea