4.6.08

Todo listo para o Torneo de Futbol Sala das Festas de Navia 2008

Xa está todo listo para que este próximo venres 6 de xuño bote a andar o Torneo de Futbol Sala das Festas de Navia 2008. Nesta nova edición dun dos eventos deportivos máis destacados da nosa parroquia, convertido case en acontecemento social, enfrontaránse 10 equipos con xogadores de tódolos barrios da parroquia de Navia. Os sete equipos disputarán o torneo por sistema de liguilla configurados en dous grupos de cinco. No Grupo A estarán os equipos: Siete Estrellas, Barrio Chino, Teixugueiras, Os do Cole e Sfinter. No Grupo B enfrontaránse os equipos: Quintela, Os Mallos, Droja no Cola Cao, Barrio NC e Samil Tesón. En contra do que se anunciara en dias previos, de novo nesta edición non haberá árbitros e serán os propios equipos de cada grupo os que dirixirán os encontros. (Calendario de encontros)

As regras este ano continúan a liña de edicións anteriores. A duración dos partidos será de 25 minutos cada tempo e cun tempo morto por equipo e parte. Cada equipo terá que dar o nome dos 3 xogadores que ten de fóra da parroquia e non poderá cambialos ao longo do torneo. O gardamallas pode saír da súa área. Este cando realice o saque de porta, o seu balón non poderá botar en campo contrario. Se así fose, sinalizaríase falta no lugar do bote do balón. As faltas non son acumulables e son todas directas. As barreiras gardarán unha distancia de 5 pasos. O saque de banda e corner realizarase coa man. Todo xogador que cometa unha infracción grave non xogará en todo o torneo e consideraránse infraccións graves as seguintes: agresión ao contrario, agresión ao árbitro, insultos ao árbitro e realizar entradas sen posibilidade de disputar o balón. Como en anos anteriores mantense a controvertida medida de que o equipo que non se presente a arbitrar quedará automaticamente eliminado da competición.

1 comentario:

Anónimo dijo...

otra vez con reglas raras y sin árbiros. y para colmo algunos equipos arbitran hasta 3 partidos y otros tan solo 1. menuda mierda de calendario