6.6.08

Samil acollerá unha oficina da Policía Local durante o verán

13 policías se encargarán este verán por cuarto ano do servizo de vixilancia dos areais vigueses. A dotación foi presentada onte polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, na praia de Samil, onde se instalará unha das novidades deste 2008. Samil acollerá unha oficina permanente para os usuarios, ubicada no paseo, e que complementa ao vehículo que se ven utilizando de xeito habitual e que será destinado este ano a O Vao. Outra novidade é as seis bicicletas coas que contarán os policías para exercer a súa labor. A campaña deu comezo o pasado 1 de xuño e se estenderá ata o vindeiro 30 de setembro. A sección policial de Seguridade Costa e Praia, como así se denomina á patrulla, está conformada por un Oficial e doce Policías que prestarán servizo nas praias do noso litoral en horarios de mañá e tarde, abarcando con iso a totalidade da xornada, para garantir así, a seguridade de todos os cidadáns a calquera hora do día. Os trece funcionarios destinados nas nosas praias ofrecerán ao cidadán un servizo integral, exercendo entre outras, as seguintes funcións: Seguridade Cidadá, Policía Administrativa, Vixilancia do tráfico, Oficina de denuncias, Oficina de información cidadá. Estes servizos se ofrecerán grazas a dotación da patrulla con medios técnicos, como a oficina permanente en Samil, un ordenador portátil para realizar de xeito inmediato as xestións propias do departamento, dous teléfonos móbiles (un deles para contacto co cidadán, no número 609 875 182), prismáticos para a vixilancia desde puntos estratéxicos, un lector de chips identificativos de cans, xunto coas seis novas bicicletas dotadas cos últimos e máis novidosos materiais do mercado.

No hay comentarios: