9.5.08

Navia estrea sistema electrónico de lectura de contadores de auga

Un novo sistema de lectura de contadores que proporciona unha maior seguridade e privacidade aos clientes e evita erros presentou onte Aqualia en Navia, onde os seus técnicos poden xa obter os datos de consumo a través de medios electrónicos cun lector portátil que recibe e rexistra, tras enviar un sinal, o informe que remite o dispositivo instalado en cada contador sen necesidade de entrar nas vivendas. Así funciona o proxecto de telelectura, xa colocado nas 4.500 vivendas de Navia e no parque tecnolóxico de Valladares cun investimento de 300.000 euros.

O director de Aqualia en Vigo destacou que o sistema é punteiro a nivel nacional e proporciona unha total fiabilidade ao eliminar o factor do erro humano cifrado entre un 1 e 2 por cada mil lecturas. Ademais, explicou que supón unha maior seguridade para os traballadores ao eliminarse os contadores en pozos profundos.

O alcalde, Abel Caballero, que asistiu á presentación do sistema acompañado pola concelleira Isaura Abelairas, destacou as grandes vantaxes para a empresa porque mellorará a súa produtividade e abaratará custos e tamén os beneficios para os clientes,xaque en Vigo aínda hai 15.000 contadores que necesitan o permiso dos usuarios para a súa lectura, co que este sistema evita importunar aos veciños.

No hay comentarios: