1.3.08

Entrevista a José Costas Costas, antigo párroco de Navia

Con 16 anos José Costas Costas ingresaba no seminario. A súa vida como párroco estivo dacabalo entre as igrexas de San Ciprián, Cerdeira ou Padróns. Pero foi en 1968 cando volveu ao seu San Paio de Navia natal. Chegaba como axudante e non sabía que desde entón lle esperaban 38 anos á fronte da parroquia. Aos seus 80 anos de idade, José Costas Costas dixo ata aquí, e retírase orgulloso polo seu traballo. Os veciños da parroquia tamén están orgullosos do seu traballo realizado e por iso lle renderon o 6 de decembro de 2006 unha homenaxe no que descubriron unha placa na entrada da igrexa nova de Navia.

P- Logo de estar en varias parroquias, con 42 anos destínanlle á de San Paio de Navia. Como o recibiu?
R- Foi unha boa noticia. Volvía ao barrio onde nacera e foi unha alegría poder reencontrarme cos meus veciños. Cheguei como axudante do cura e ao pouco tempo xa estaba ao cargo da parroquia.
P- foron 38 anos ao pé do canón. Con que queda do traballo realizado?
R- Son moitos momentos bos e tamén malos os que gardo. O mellor?, sen dúbida o apoio que sempre tiven dos veciños. Cando cheguei a igrexa estaba moi mal e foi cando se comezou a construción do novo templo. Nel deixei a miña vida e os meus diñeiros. É do que máis orgulloso estou.
P- Con 80 anos decide abandonar. Xa non quedan forzas?
R- Non moitas. Estou regular de saúde e póñome moi nervioso porque quero facer cousas como antes e a idade non mo permite. É bo que haxa renovación; Alfredo -o novo párroco- estou seguro que o fará igual ou mellor que eu.
P- Algo que non puido facer e que lle gustaría...
R- Un templo no Pau de Navia. Iso xa é cousa do novo sacerdote.
P- E a partir de agora...
R- Retirarme en San Paio e seguir axudando no que poida na parroquia.

No hay comentarios: