12.5.08

Obras de canalización de gas na rúa San Paio

Dende a Concellería de Mobilidade e Seguridade do Concello de Vigo poñen en coñecemento dos veciños que por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa Gas Galicia, estará pechada ao tráfico a rúa San Paio de Navia, á altura dos números 162 e 164-170, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 12 de maio de 2008 ás 10.00 horas e por un período aproximado dunha semana. O departamento municipal solicita a máxima colaboración cidadá durante a execución das obras.

No hay comentarios: