Esta noite xogaronse as semifinais do Torneo de futbol sala das festas de San Paio, enfrontando aos equipos Os Mallos-Quintela e Barrio Chino-Sfinter de Baiano. Ambolos dous partidos foron disputadísimos, máis intensamente a primeira eliminatoria onde no choque entre Quintela e Mallos producíronse varias xogadas polémicas e unha breve tangana. O resultado final de empate a 2-2, se decidíu a penalties, cun resultado de 2-3 con victoria para Quintela que se mete por segundo ano consecutivo na final con posibilidades de refrendalo título de campeón do ano pasado. Na segunda eliminatoria entre Barrio Chino e Sfinter de Baiano o xogo estivo bastante igualado durante a parte da primeira metade, igualando a 1-1 os de Barrio Chino despois de que Sfinter se adiantara no marcador. Pero as distancias se fixeron insalvables para Barrio Chino no marcador cando o equipo rival marcou dous goles máis asegurando o resultado final de 4-1 e obtendo o pase para a final fronte a Quintela. Na xornada do domingo disputaranse a Final e a loita polo terceiro posto en dous partidos co horario alterado de mutuo acordo entre os equipos por diferentes compromisos dos seus xogadores. Así, o terceiro posto se disputarán pola mañá ás 13.00 horas entre Os Mallos-Barrio Chino e a final se celebrará ás 19.30 horas entre Quintela-Sfinter de Baiano.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
clásica ronda final del torneo. este año kdaran de kampeones sfInter de Balano!!!
Publicar un comentario