Esta mañá ás 13.00 horas disputouse o partido entre Os Mallos-Barrio Chino no que estaba en xogo o terceiro e cuarto posto da clasificación final do Torneo das Festas. Con afección polas duas bandas e baixo unha choiva intermitente xogaron os dous equipos coñecéndose perfectamente xa que coincidiran no mesmo grupo do torneo. Os goles non tardaron en chegar e foron Os Mallos quen abriron o marcador, ainda que enseguida os de Barrio Chino empataron, pero un tiro certeiro dos Mallos á portería rival dende o saque no mediocampo colleu por sorpresa ao porteiro e desequilibrou o marcador. Unha diferencia que na segunda parte do partido se acrecentaría ata un parcial de 6-2 recortado posteriormente por Barrio Chino a 6-4 a falta de poucos minutos para o final do partido. Co resultado final Os Mallos obteñen o terceiro posto e Barrio Chino o cuarto na clasificación final nesta edición do torneo das festas de Navia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario