10.2.07

Veciños en contra do sentido único no Xuncal

A medida adoptada polo Departamento de Tráfico do Concello de Vigo como resposta á unha petición da Asociación de Veciños de Navia está a provocar un fondo malestar entre os veciños da rúa Xuncal. A medida adoptada a partir do pasado 1 de febreiro foi a de establecer o sentido único descendete da circulación no treito da rúa comprendido entre a rúa Pedra Seixa e Avenida Ricardo Mella. Os veciños residentes afectados protestan polos rodeos que teñen que realizar pola rúa Tomada ou Camiño de Piñeiro para desprazarse ata o centro da parroquia. No caso dos residentes no tramo entre a rúa Tomada e Avenida Ricardo Mella o rodeo é maior ao ter que desprazarse ata Muiños ou Avenida de Europa para poder acceder ao resto da parroquia. Os veciños solicitan que se restableza novial o dobre sentido da circulación. Polo momento xa teñen rexistrado incidentes ao encontrase vehículos en dirección contraria nos que os conductores non se apercibirán do cambio na circulación ou que infrinxían a norma intencionadamente ou o suceso do arrincamento dunha das sinais situadas no cruce coa rúa da Pedriña esta fin de semana.

No hay comentarios: