
Numerosos veciños de
Navia participaron na tarde do sábado nunha manifestación motorizada en contra do novo Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo. Os veciños de barrios de
Samil,
Redondo,
Quintela e
Pertegueiras participaron na manifestación que tivo como punto de partida a nosa parroquia, dende o estacionamento de
Samil a carón do
Verbum. A manifestación tiña como fin esixir a exposición pública e apertura dun periodo de alegacións ás modificacións que o Concello de Vigo ten de realizar ao proxecto do novo plan, ante a devolución do mesmo pola Xunta de Galicia.

A comitiva comeceu a desprazarse a partir das 18.00 horas pasando pola
Avenida de Samil e
Avenida de Europa para dirixirse logo cara o centro da cidade, transcurrindo pola Avenida de Castelao, Praza de América, Gran Vía, Praza de España, Lepanto, Alfonso XIII, García Barbón, Sanjurjo Badía, Buenos Aires e Travesía de Vigo, finalizando na rúa Aragón sobre as 21.00 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario