10.2.07

O servizo público de bicicletas terá unha estación en Navia

A partir do 15 de xuño, comezará a funcionar unha estación do servizo público de bicicletas na parroquia de Navia, concretamente situada na praia de Samil, no estacionamento acarón da base da Cruz Vermella. Segundo establece o convenio asinado entre o Concello e o Inega, este espazo estará dotado de marquesina para o resgardo da intemperie e terá medidas de seguridade. Ademais, a base disporá dun sistema de retención automático de bicicletas que funcionará a través de tarxetas electrónicas. Deste xeito, o posuidor deste mecanismo magnético poderá coller o vehículo na estación, facer o seu percorrido e volver deixala, ben na base de Samil ou ben noutra das 5 bases repartidas pola cidade. A base estará unida con outras polas rutas Gran Carril Litoral e Corredor Verde do Lagares. A primeira percorrería a costa desde A Guía, en Teis, ata a desembocadura do Lagares en Samil e a súa lonxitude sería de 13,8 quilómetros. A ruta Corredor Verde do Lagares ten unha lonxitude de 8,3 quilómetros con saída na Avenida de Madrid e final en Samil pasando por Sárdoma, Castrelos, Portanet ou Balaídos.

No hay comentarios: