6.2.07

Obras no palco de música de Navia

Esta semana comezaron as obras do palco de música de Navia, situado na Alameda da Devesa, licitadas o pasado 10 de outubro, e que consisten na demolición do palco de música e construcción de novos vestiarios. As obras son executadas polo Departamento de Vías e Obras do Concello de Vigo, teñen un prazo de execución de 2 meses e un presuposto de 62.732 euros. Os traballos que executa a empresa Oresa S.L. desmantelarán definitivamente a instalación para levantar no seu lugar unha pequena edificación que albergará os novos vestiarios da pista polideportiva, que segundo explica a asociación veciñal na sua web, constará de dous vestiarios para equipos, un para os arbitros e dous aseos para uso público. O recinto a derruir convertérase nos últimos anos nun foco de delincuencia e conflictividade denunciado reiteradamente polos veciños. A explanada resultante despois das obras empregarase para entre outras cousas a instalacion dos camións das orquestras nas festas patronais.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Mientras en el resto de Vigo, construyen aceras decentes, eliminan barreras arquitectónicas, cambian losetas por antideslizantes... en nuestro barrio nos están construyendo unas esperpénticas aceras de hormigón, tan estrechas en algunos sitios que apenas pasa una persona, con aristas tanafiladas que causarían cortes a quien tuviera la desgracia de caer sobre ellas, una vergüenza tercermundista que nos están haciendo para cayarnos la boca y ordeñarnos los votos en las próximas elecciones.