4.2.07

O presidente da AVV de Navia na executiva local do BNG

O presidente da Asociación de Veciños de Navia faise cargo dun dos postos de máxima responsabilidade no BNG vigués. Xosé Antón Sánchez Blázquez, ebanista autónomo de profesión, compareceu públicamente onte tras a súa recente elección como número dous da agrupación local do Bloque Nacionalista Galego. Nas Eleccións Xerais do ano 2004 foi no número 3 na candidatura pola provincia de Pontevedra. Tamén foi presidente da entidade veciñal de Navia con dúas xuntas directivas, presidente da FAVEC, vicepresidente e membro da Comisión Permanente da Cogave e portavoz e presidente da plataforma cidadá Nunca Máis.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Gran señor es Don Dinero, el compañeiro se va a trabajar en la politica local, con espectativas de concejal a las ordenes de Dominguez. Concejal, uno de esos chollos donde se fraguan negocios y favores para intereses particulares a costa de usar el herario municipal, como viene a demostrar cada dia los casos que corrupcion que se destapan en la prensa. los chollos vecinales solo proporcionan popularidad como Nunca Mais.

Anónimo dijo...

El asociacionismo vecinal en Vigo se está convirtiendo en losúltimos años en la catapulta para la política municipal. Casos como los de Soledad Polo, Uxio González, Amador Fernández, etc. A ver cuánto dura y con qué dialéctica nos deleitará con su gallego acastrapado que utilizaba sin sonrojo en los medios de comunicación cuando lo de nunca máis.

Anónimo dijo...

O contable jr costas (membro do PP?), di que "Gran señor es Don Dinero". Pero este home non gañou un peso por todas as que tivo que pasar no de Nunca Máis, nin na AAVV. O que máis vos fode é que non se move por cartos, coma vós.

Sobre "su gallego acastrapado", tamén teño que dicir que quen queremos e aprezamos o galego valoramos positivamente que os que veñen de fóra e se atoparon coa nosa lingua con anos ás costas, se esforcen por empregalo, e non se escusen co "es que yo no soy gallego".
Os que lle tedes manía e odiades a nosa lingua, perseguides a quen non evita usala coa menor excusa.

En fin, que moi ben o tivo que facer para que só lle critiquedes iso.

Anónimo dijo...

O marxen dos politiqueos varios e dos motivos que moven o señor Xose a presentarse nas lista. Hai que valorar a súa capacidade de aproveitamento do traballo dos outros, cando alguén di "o que tivo que pasar en Nunca Máis", eu rio, porque él saia nas fotos e os demáis vendían billetes de bus e organizaban actos que para aforrar cartos nin durmian, traballando de vixiantes. Sobre a súa labor na Federación de Veciños só podemos remitirnos as críticas que tivo no seu momento, tirando de hemeroteca. E sobre o falar galego ben ou mal dunha persoa nacida en Extemadura (se mal non lembro), pareceme un cachondeo porque leva en Galicia moitos anos o quizás pretendemos esquezer o seu pasado en Pazos de Borbem.
Pero hai que recoñecelo mérito de meterse en política porque somos moitos que o escoitabamos falar da "insumisión contra o estado, o de non pagar impostos" non esquezamos que fardaba de NON PAGAR UN DURO O ESTADO NIN SIQUERA POLA SÚA LABOR PROFESIONAL.
E agora se sae elexido todos pagaremolles o soldo, esperemos que o declare.