7.2.07

Controlan un verquido de augas fecais na Xunqueira do Lagares

Segundo se recolle no diario Vieiros.com o pasado 16 de xaneiro, membros da Asociación Fontaíña detectaron un verquido de augas fecais na Xunqueira do Lagares, moi preto da Ponte de Samil, por mor dun conduto da rede de sumidoiros que rachara. Conforme ao protocolo de vixilancia ambiental, tomaron nota e fotografaron a zona. Unha semana despois, comprobouse que os verquidos continuaban e remataban preto da ribeira do río. A presenza do Xefe do Departamento de Medio Ambiente, Xesús Torrón, que tomaba unhas mostras de auga na Foz do Lagares, facilitou a intervención do persoal de saneamento. A zona quedou xa libre de verquidos, pero non de lixo, como denuncia a asociación, que agarda ao Obradoiro polo Litoral, que se desenvolverá o próximo 4 de marzo, para solucionalo. Por outro lado lembramos que a Xunqueira do Lagares está catalogada como Zona de Interese Natural e públicamente amezada polo Concello de Vigo e Consellería de Medio Ambiente ao querer ampliar a planta depuradora próxima sobre estas terras.

No hay comentarios: