2.2.07

Obradoiro polo Litoral na Xunqueira do Lagares

A Asociación Fontaiña e maila Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo desenvolverán o domingo 4 de marzo un Obradoiro polo Litoral na Xunqueira do Lagares que consistirá na limpeza de residuos e eliminación da flora exótica invasora (Cortaderia selloana). O horario será de 10.30 a 13.00 horas e hai un cupo de 12 prazas. O lugar de encontro dos voluntarios será na ponte de madeira sobre o rio Lagares, na rúa do Rio, fronte a depuradora. Os voluntarios/as levarán cadanseu traxe, botas de auga e luvas. Para participar nesta actividade é obrigatorio estar inscrito como voluntario/a na Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo (teléfono 986 810 213 - ofi.voluntariado@vigo.org) e cubrir a ficha de inscrición da OMV. A ficha se pode solicitar tamén á Asociación Fontaiña Apartado de correos 354 - 36200 Vigo ou no correo electrónico fontainhavigo@yahoo.es

No hay comentarios: