2.2.07

Convocatoria de eleccións na Asociación Veciñal de Navia

O próximo 18 de febreiro celebrarase a Asamblea Xeral Ordinaria de socios da Asociación Veciñal de Navia, ás 12.00 horas en primeira convocatoria e 12.30 en segunda, segundo se anuncia en carteis colocados por toda a parroquia. Na orde do día se presentarán os informes de tesourería e das diferentes vogalías dando conta do traballo realizado durante o último ano. Logo, no mesmo día, a partir das 13.30 horas en primeira convocatoria e 14.00 horas en segunda, convócase unha Asemblea Xeral Extraordinaria de socios coa finalidade de celebrarse as eleccións para renovar a Xunta Directiva da entidade. As candidaturas deberán presentarse na oficina da secretaría antes das 20.00 horas do día 16 de febreiro, e terán que estar formadas por socios/as con alomenos dous anos de antiguedade e ao corrente no pagamento das cotas de socio.

No hay comentarios: