O Pleno da corporación municipal aprobou hoxe por unanimidade unha moción do BNG relativa ao PAU Navia, na que se insta, entre outras medidas, á mellora da seguridade dos accesos peonís e á prolongación das liñas de autobuses urbanos que teñen o seu remate no cemiterio de Coia. En canto á mellora dos accesos peonís, a proposta realizada polos nacionalistas e asumida polos restantes grupos consiste en dotar inmediatamente o PAU Navia dos correspondentes sistemas de seguridade viaria, en especial ao acceso situado na intersección do 2º Cinto coa Avenida Ricardo Mella. Tamén no apartado da seguridade, o Pleno acordou que se acometa a sinalización vertical e horizontal precisa na parte do PAU xa transferida ao Concello. Así mesmo, o Concello estudará a posibilidade de artellar novos accesos que fagan máis doada a comunicación desta área con Coia e Navia. Finalmente, a moción do BNG insta á limpeza axeitada das beirarrúas e á recollida de todo o lixo verquido no barrio.26.2.07
O Pleno aproba melloras no PAU Navia
O Pleno da corporación municipal aprobou hoxe por unanimidade unha moción do BNG relativa ao PAU Navia, na que se insta, entre outras medidas, á mellora da seguridade dos accesos peonís e á prolongación das liñas de autobuses urbanos que teñen o seu remate no cemiterio de Coia. En canto á mellora dos accesos peonís, a proposta realizada polos nacionalistas e asumida polos restantes grupos consiste en dotar inmediatamente o PAU Navia dos correspondentes sistemas de seguridade viaria, en especial ao acceso situado na intersección do 2º Cinto coa Avenida Ricardo Mella. Tamén no apartado da seguridade, o Pleno acordou que se acometa a sinalización vertical e horizontal precisa na parte do PAU xa transferida ao Concello. Así mesmo, o Concello estudará a posibilidade de artellar novos accesos que fagan máis doada a comunicación desta área con Coia e Navia. Finalmente, a moción do BNG insta á limpeza axeitada das beirarrúas e á recollida de todo o lixo verquido no barrio.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario