
Nos próximos meses comezarán a implantarse en
Navia importantes infraestructuras socio-sanitarias. As primeiras en chegar serán dous centros que prestarán servizos de atención a persoas con patoloxías neurolóxicas situados en 2 parcelas da
III Fase-A do
PAU Navia. En concreto será un
Centro de atención a persoas con paralise cerebral que ocupará unha superficie de 4.000 metros cadrados na parcela S-4-1, e un
Centro de atención a persoas con dano cerebral adquirido que ocupará unha superficie de 2.500 metros cadrados na parcela contigua S-4-2. O
Concello de Vigo publicou o pasado 13 de febreiro o expediente
(Expte. 1621-241) co prego de cláusulas administrativas para a regulación do procedemento licitatorio polo que se vai rexer o contrato administrativo especial co que se permitirá a utilización privativa das dúas parcelas sitas na
III Fase-A do
Plan Parcial de Navia para a implantación destes servizos. O uso das parcelas para explotación privada dos socio-sanitarios será por un periodo de 75 anos. As dúas parcelas están ubicadas no extremo norleste da parcela E-4, destinada nun principio a usos dotacionais, entre o centro educativo de primaria
CEIP Alfonso R. Castelao e a rúa
Pedra Seixa e o
vial 2-f ainda sen denominación oficial. Ao outro lado deste último vial, fronte as parcelas estará ubicado o futuro centro de saúde de
Navia. Nas parcelas xa está traballando maquinaria pesada para preparar o terreo para as futuras obras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario