26.2.07

Obras de melloras na rede eléctrica de Navia

Unión Fenosa acometerá en breve obras de instalación e remodelación da liña eléctrica de media tensión Viñagrande-San Paio de Navia. Esta liña LMT terá o tendido subterráneo a 15 KV con conductor tipo RHV e estará estructurada en dous tramos. A liña de 1.500 metros de tendido terá orixe na liña BAL 7.06, á altura do Camiño Sobreiro e final no Centro Transformador de San Paio de Navia. Tamén se acometerán obras de reforma do Centro Transformador de San Paio de Navia, situado no cruce das rúas Bravo e San Paio. Por outra banda, a empresa eléctrica instalará nas próximas semanas o centro de transformación nº 12, de 630 KVA, R.T. 15 KV/400-230 V, na urbanización do PAU de Navia.

No hay comentarios: