Dende hai varios meses as inmediacións da Alameda da Devesa estanse convertendo en lugar habitual para depósito incontrolado de lixo e enseres. Arredor do Punto Limpo instalado a carón do parque infantil, acumúlanse restos vexetais de podas e limpeza de fincas, electrodomésticos, e diverso lixo que proporcionan un lamentable aspecto ao principal recinto de lecer para cativos da parroquia. Por outra banda, nas inmediacións tamén se acumula diverso material de obra e cascallos producto das obras de reparación da rede de abastecemento que se executan na rúa San Paio, e incluso atópase estacionado no lugar un vehículo abandoado ao que lle arrincaron as placas de matriculación, evidenciando o seu lamentable estado. Polo momento a Asociación Veciñal de Navia non se ten pronunciado públicamente ao respecto e algúns veciños namentres pola sua conta teñen denunciado a situación perante o Concello.16.2.07
O lixo e escombros amoréanse na Alameda
Dende hai varios meses as inmediacións da Alameda da Devesa estanse convertendo en lugar habitual para depósito incontrolado de lixo e enseres. Arredor do Punto Limpo instalado a carón do parque infantil, acumúlanse restos vexetais de podas e limpeza de fincas, electrodomésticos, e diverso lixo que proporcionan un lamentable aspecto ao principal recinto de lecer para cativos da parroquia. Por outra banda, nas inmediacións tamén se acumula diverso material de obra e cascallos producto das obras de reparación da rede de abastecemento que se executan na rúa San Paio, e incluso atópase estacionado no lugar un vehículo abandoado ao que lle arrincaron as placas de matriculación, evidenciando o seu lamentable estado. Polo momento a Asociación Veciñal de Navia non se ten pronunciado públicamente ao respecto e algúns veciños namentres pola sua conta teñen denunciado a situación perante o Concello.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario