17.2.07

Próxima presentacion do proxecto do parque do PAU Navia

O proxecto definitivo para a construción do parque central do PAU Navia será entregado á Xunta de Galicia a finais de febreiro polos arquitectos redactores do proxecto, polo que a Consellería de Vivenda mantén a previsión de acabalo a finais do 2008. Como punto fundamental do proxecto é a sua sostenibilidade: nutrirase das augas do subsuelo e reciclará as residuais. Cunha superficie de 100.000 m2, estará composto por unha zona central boscosa e chea de vexetación perfilada por muros de formigón coloreados, que irán dandolle forma. Ao redor do perímetro, unha superficie arborada que compartirá espazo con paneles solares que ademais farán a función de marquesinas. O novo parque recuperará as lagoas da zona para convertelas en estanques.

No hay comentarios: