Para asegurar a pervivencia de Samil, a Universidade de Vigo ultima a instalación dun sistema de gravación continúa con videocámaras ao longo do paseo, que recollerán as 24 horas do día a influencia das mareas, o vento e a incidencia de ambos os elementos no sistema dunar. O proxecto dirixido por Federico Vilas, catedrático de Estratigrafía da Facultade de Ciencias do Mar, recollerá todos os datos en tempo real e en cada unha das estacións do ano para completar nun rexistro continuo, a película do que está ocorrendo no perfil de Samil. Os movementos naturais da area e a auga, e a incidencia neles do problemático paseo, das construcións que se asentan no seu percorrido, aparcadoiros e dotacións deportivas, determinarán que tipo de actuación é máis aconsellable para lograr recuperar polo menos parte da duna de quilómetro e medio de longo e trescentos metros de ancho que un día foi a mítica praia viguesa. O proxecto, basease nun sofisticado programa denominado Argos. Un estudo efectuado tamén na Universidade a finais da pasada década determinou que Samil perdeu o 90% das dunas, a fauna e a súa flora desde que o paseo ideado por Portanet partiu en dous o entón enorme areal e o piñeiral que o presidía. O estudo dirixido por Rafael Barrionuevo, profesor de Medio Ambiente da Escola Superior de Minas, dá a Samil só unhas décadas de vida e apunta como única solución a eliminación do paseo, culpable do progresivo aumento da pendente do areal e a redución da superficie de praia disfrutable.15.2.07
Un sistema de cámaras gravará os cambios na praia de Samil
Para asegurar a pervivencia de Samil, a Universidade de Vigo ultima a instalación dun sistema de gravación continúa con videocámaras ao longo do paseo, que recollerán as 24 horas do día a influencia das mareas, o vento e a incidencia de ambos os elementos no sistema dunar. O proxecto dirixido por Federico Vilas, catedrático de Estratigrafía da Facultade de Ciencias do Mar, recollerá todos os datos en tempo real e en cada unha das estacións do ano para completar nun rexistro continuo, a película do que está ocorrendo no perfil de Samil. Os movementos naturais da area e a auga, e a incidencia neles do problemático paseo, das construcións que se asentan no seu percorrido, aparcadoiros e dotacións deportivas, determinarán que tipo de actuación é máis aconsellable para lograr recuperar polo menos parte da duna de quilómetro e medio de longo e trescentos metros de ancho que un día foi a mítica praia viguesa. O proxecto, basease nun sofisticado programa denominado Argos. Un estudo efectuado tamén na Universidade a finais da pasada década determinou que Samil perdeu o 90% das dunas, a fauna e a súa flora desde que o paseo ideado por Portanet partiu en dous o entón enorme areal e o piñeiral que o presidía. O estudo dirixido por Rafael Barrionuevo, profesor de Medio Ambiente da Escola Superior de Minas, dá a Samil só unhas décadas de vida e apunta como única solución a eliminación do paseo, culpable do progresivo aumento da pendente do areal e a redución da superficie de praia disfrutable.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




No hay comentarios:
Publicar un comentario