14.2.07

Eleccións na Asociación de Veciños de Navia

Este próximo domingo celebraranse eleccións para a renovación da Xunta Directiva da Asociación de Veciños de Navia. O prazo para a presentación das candidaturas remata este venres ás 20.00 horas, pero polo momento xa se van coñecendo detalles dalgunha das que se presentan. Algunha das candidaturas estará integrada por destacados membros da directiva sainte e de novos residentes do PAU Navia, e outra integrada por preto dunha decena de mozos deportistas da parroquia entre os que está un membro dunha anterior directiva vinculado a un partido independentista. Será o próximo domingo 18 de febreiro cando se coñeza a nova xunta directiva que dirixirá a principal entidade asociativa da parroquia de Navia.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Es interesante esta web porque aporta información sobre el barrio. Pero si se publican noticias que no son verdad hay que denunciarlo. Entonces, ¿cuáles son las candidaturas que se presentan? Las de verdad.

Anónimo dijo...

"membro dunha anterior directiva vinculado a un partido independentista"...

¿teño grande interese por saber de quen se trata esta persona? Sabendo como se vota en Navia, non lle vexo moito futuro a ese individuo. Pareceme que a alguen se lle vai a canica con este blog ;-)