13.2.07

O Concello cede os terreos para o centro de saúde

O xornal La Voz de Galicia publica hoxe que a xunta de goberno local acordou onte a cesión á Consellería de Sanidade dunha parcela no polígono de Navia para a construcción do proxectado centro de saúde. A pesar desta decisión seguiu a polémica xa que o Concello insiste en que meses atrás realizara a cesión, aínda que a Xunta non lle dera validez. O PP asegura que Santiago errou ao esixir inicialmente que a cesión a ratificará o pleno xa que a lei de grandes cidades cambiou a situación. Nuna postura contraria, o socialista Abel Losada acusou á alcaldesa de ineficacia por tardar ano e medio en realizar a cesión.

No hay comentarios: