1.2.07

Carta de denuncia da AVV de Navia

A Asociación de Veciñal de Navia fixo pública na sua web e mediante carteis repartidos polas paradas de bus da parroquia unha carta dirixida ao Departamento de Tráfico e Transportes na que quere mostrar a súa disconformidade polo tratamento que se lle esta dando dende o Concello ás obras de sustitución das tuberías de abastecemento de augas que se están a realizar no barrio. Opinan que as obras comezaron sen ningún tipo de control por parte dos responsables de trafico e de vías e obras causando problemas de trafico totalmente innecesarios. Tamén denuncian que por mor das obras véxanse afectados o transporte publico e escolar da parroquia. De tal forma esixen de forma urxente unha reunión coas persoas responsables de que tales feitos acontezan co fin de chegar a unha solución para o mellor desenvolvemento das devanditas obras de sustitución das tubaxes de abastecemento de auga que seexecutan nas rúas San Paio e Xuncal.

No hay comentarios: