7.2.07

A alcaldesa culpa á Xunta do atraso no ambulatorio de Navia

A Asociación de Veciños de Navia esixíu onte nun comunicado ao Concello que abandone un xogo claramente electoral e ceda os terreos que necesita a Xunta para as obras do novo centro de saúde que prestará servicio a Navia e preto de 30.000 veciños. Ante esta reclamación, a alcaldesa Corina Porro culpou á Xunta dos atrasos e asegurou que a Consellería de Sanidade modificou agora o réxime de cesión de terreos. En Sanidade explican que mentres o Concello acaba cos trámites eles ultiman xa o proxecto arquitectónico, e que levan agardando polo Concello desde setembro do 2005. Por outra banda a entidade veciñal tamén reclama a futura Escola-Garderia de 0 a 3 anos que a Conselleria de Benestar lle ten reclamado ao Concello sen ningún resultado ata o momento.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Unos por otros y la casa sin barrer. Ya basta de lucha política en temporada pre-electoral usando como arma arrojadiza un tema tan delicado e importante para los vecinos. No nos usen a los vecinos como rehenes en su particular pugna por las elecciones y hagan las cosas ya!