31.1.07

Cambios nas liñas L12A, L13 e C15 por Navia

As liñas do transporte urbano de Vitrasa que prestan servicio a Navia, as L12A e L13, sufrirán cambios no seu percorrido polo interior da parroquia a partires do próximo luns e durante 2 semanas, segundo declaracións da empresa, por mor das obras que se están executando na rúa San Paio. A partir do 5 de febreiro estas liñas ao abandonar a parada situada na Alameda da Debesa, transcurrirán pola rúa Xuncal en sentido descendente para logo continuar pola Avenida Ricardo Mella ata a rotonda baixo o primeiro cinto de circunvalación. No caso do traxecto Centro de Vigo-Saians/Vao as liñas L12A e L13 pasarán pola Avenida Ricardo Mella sin entrar en Navia, pero realizando paradas provisionais nos cruces de Xuncal e Muiños. Por outra banda dende o pasado 8 de xaneiro as liñas C15 e L13 teñen ampliacións nos seus horarios en Navia: a L13 realiza unha saída as 7.15 de Navia cara Praza de América e a C15 ten unha ampliación nos seus horarios nas primeiras viaxes da mañá.


No hay comentarios: