11.1.07

O Verbum ofrece este mes un ciclo de animación á lectura para nenos

O museo Verbum-Casa das Palabras quere consolidarse como referente e lugar de aprendizaxe e lecer nas mañás dos domingos para os máis pequenos. Para iso ofrece neste mes de xaneiro un ciclo de animación á lectura para nenos e nenas. A realización deste ciclo correrá a cargo de Xandobela (Xestión e Dinamización Sociocultural), empresa formada recentemente por pedagogos, educadores sociais e monitores de lecer e tempo libre cunha ampla experiencia no traballo sociocultural: compromiso coa cultura galega, promoción e fomento do uso do galego, ecoloxía, cultura participativa, solidariedade enfocada nos máis pequenos. O obxectivo desta iniciativa é que os cativos sintan a lectura e a comunicación como algo divertido. Para iso, o Verbum acollerá un conxunto de actividades que inclúe murais, elaboración de bonecos, xoguetes, contos, manualidades. A actividade está aberta para rapaces de 3 a 12 anos, se celebrará os domingos 14, 21 e 28 de xaneiro e 4 de febreiro en horario de de 12 a 13.30 horas no Verbum – Casa das Palabras na Avenida de Samil, 17 abonando tan só o prezo de 1 Euro por rapaz. Para máis información os interesados poden dirixirse ao teléfono: 986 240 130.

No hay comentarios: