11.1.07

Intered presenta en Navia a sua campaña "Igualdade para o desenvolvemento"

A ONG teresiana Intered presentará a sua campaña "Igualdade para o Desenvolvemento. Se a muller avanza, o mundo tamén" dende o 12 ao 26 de xaneiro na sede da Asociación Veciñal de Navia. A campaña ten como obxectivo favorecer entre nenas/os, mozos e persoas adultas unha actitude solidaria ante as desigualdades múltiples que soportan as mulleres no mundo e de compromiso coa necesidade de avanzarmos cara á equidade de xénero para que o mundo avance. A campaña desenvolverase na sede veciñal de Navia durante 2 semanas na que estará instalada unha exposición fotográfica itinerante “Educar unha muller é educar un pobo” que aporta os datos esenciais sobre a situación educativa das mulleres e das nenas no mundo. A campaña ten unha páxina web onde se pode atopar máis información.

No hay comentarios: