10.1.07

Este venres expira a concesión do restaurante As Dornas de Samil

O vindeiro venres 12 de xaneiro expira a concesión administrativa do restaurante As Dornas para a explotación do establecemento hosteleiro situado no tramo final do paseo de Samil. O Concello pretende sacar a concurso de novo o local de restauración, pero por prazos de tempo moi limitados, de entre un a dous anos como máximo, e en condicións que permitirán ao Concello proceder ao rescate das concesións no momento en que sexa necesario para a ordenación da zona.

O Concello, mediante o novo PXOM, deixará libre ese espacio, unha vez concluidas tódalas concesións, a fin de recuperalo areal. Para isto deberán desaparecer os locais alí ubicados para proceder a demolición do muro do paseo e a recuperación das antigas dunas. A ordenación da zona do paseo prevista no PXOM consiste na eliminación do actual paseo, que ficaría retranqueado na altura que actualmente ocupa a Avenida de Samil. Esta rúa sería sustituida por un vial que discurriría pola parte posterior do hotel. Todo o frente da praia manteríase como zona verde, con vexetación autóctona e zona de esparcemento, namentres que soamente quedará, por onde agora discurre a avenida, un vial de servicio para as vivendas e instalacións.

No hay comentarios: