9.1.07

Pechou a exposición NaviArte'06 ata o próximo ano.

Este pasado luns 8 de xaneiro finalizou a terceira edición de NaviArte, unha iniciativa cultural promovida pola profesora de pintura da Asociación Veciñal de Navia, Olga Varela, na que se mostraron traballos plásticos de diferentes autores locais ao mesmo tempo que se proporcionou a oportunidade de adquirir algún deses traballos a uns prezos de venta reducidos e dar a coñecer a obra de autores descoñecidos.

Nesta edición, ubicada como en anteriores na sede veciñal de Navia, participaron 15 artistas, tres homes e doce mulleres, que asinaron as 34 obras que colgaron das paredes da asociación veciñal ata este luns: Perico Superstar, Camilo Alonso, Manuel Fernández, Olga Varela, Mariña Lago, Alicerce Lago, Susana Rodríguez, Marga, Conchita Álvarez, Merche Álonso, Ángela Pázos, Ramona Conde, Patricia Igrexas, Teresa Hervello e Tere Alonso.

No hay comentarios: