
6.6.08
Samil acollerá unha oficina da Policía Local durante o verán

5.6.08
Inaugurado en Navia o novo centro de formación da FOREM

4.6.08
Todo listo para o Torneo de Futbol Sala das Festas de Navia 2008
As regras este ano continúan a liña de edicións anteriores. A duración dos partidos será de 25 minutos cada tempo e cun tempo morto por equipo e parte. Cada equipo terá que dar o nome dos 3 xogadores que ten de fóra da parroquia e non poderá cambialos ao longo do torneo. O gardamallas pode saír da súa área. Este cando realice o saque de porta, o seu balón non poderá botar en campo contrario. Se así fose, sinalizaríase falta no lugar do bote do balón. As faltas non son acumulables e son todas directas. As barreiras gardarán unha distancia de 5 pasos. O saque de banda e corner realizarase coa man. Todo xogador que cometa unha infracción grave non xogará en todo o torneo e consideraránse infraccións graves as seguintes: agresión ao contrario, agresión ao árbitro, insultos ao árbitro e realizar entradas sen posibilidade de disputar o balón. Como en anos anteriores mantense a controvertida medida de que o equipo que non se presente a arbitrar quedará automaticamente eliminado da competición.
3.6.08
Excursión de fin de curso organizada pola Vocalía da Muller
A Vogalía da Muller da Asociación Veciñal de Navia organiza unha excursión de fin de curso a Camposancos e Tui o próximo xoves 12 de Xuño, con saida ás 16.00 horas, dende a sede veciñal. Tódalas mulleres interesadas deberán inscribirse antes do 9 de xuño e abonar o billete, de 5 euros para as socias, e de 8 euros para as mulleres non socias da entidade veciñal. A Vogalía convida á bebidas e subvenciona parte da viaxe á tódalas mulleres participantes. Para máis información dirixirse á oficina da asociación veciñal o chamar ao 986 241 534.
2.6.08
Convocada asemblea de propietarios do PAU Navia
A Asociación de Propietarios das Fases IIIB, 4ª, 5ª e 6ª do PAU Navia convocou aos seus asociados para este xoves 9 de xuño á unha Asemblea Extraordinaria. A reunión, que se celebrará no salón de actos do Colexio Amor de Diós a partir das 20.00 horas, só poderán asistir aqueles asociados propietarios de terrenos debidamente acreditados. Entre os temas a tratar están o proceso de negociación e expropiación por parte da Consellería de Vivenda para executar as fases restantes do PAU Navia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)