22.5.08

Urbanismo acelera o Centro de día de Navia ao modificar o uso dos terreos

A Xerencia de Urbanismo deste xoves aprobou o cambio do uso dotacional da parcela que acollerá o Centro de Día de Navia, pasando de educacional a xerontolóxico. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que a modificación foi a mellor solución para que sexa construido con celeridade. Nunha comparecencia ante os medios de comunicación tras a reunión do consello a Xerencia, informou do cambio do uso dotacional da parcela que acollerá o futuro Centro de Día de Navia. O alcalde manifestou que entronca esta medida coa liña do goberno local de satisfacer o compromiso político de dar prioridade á construción de centros de día na cidade. Tamén adiantou que, como seguinte paso para a edificación, o Concello porá os terreos a disposición da Xunta de Galicia, organismo encargado da execución do proxecto para que acometa a obra.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

no entiendo las prisas para el centro de viejos, porque no se dan prisa con el ambulatorio que hace más falta que el asilo.

Anónimo dijo...

Creo que é tan necesario o Centro de Dia (que non é o mesmo que un asilo) coma o Centro de Saúde. Un respetiño aos nosos mariores que non son "viejos".