24.5.08

Torneo de futbol-sala Festas de Navia 2008

O Torneo de futbol-sala das Festas de Navia 2008 comeza a prepararse abrindo o prazo para a formalización da inscrición ata o mércores 28 de xuño. Os equipos deberán abonar unha tasa de inscrición de 20 euros e unha fianza de outros 20 euros. O torneo este ano anticipará a sua celebración, comezando na primeira semana de xuño, e disputándose os partidos pola semana a partir das 21 horas e fins de semana a partir das 20 horas. Como novidade salientable nesta edición, a organización ten a intención de contratar colexiados para que arbitre tódolos partidos e, deste modo, evitar polémicas nos encontros e mellorar o desenvolvemento da competición. Agárdase que a edición deste ano do torneo sexa unha das máis disputadas da sua historia polo alto número de equipos que se inscribirán e pola xuventude da maioría deles.

No hay comentarios: