25.5.08

III Marcha Ciclista Popular de Navia

A Asociación Veciñal de Navia organiza a III Marcha ciclista da Parroquia de Navia, que se celebrará o vindeiro domingo 1 de xuño a partir das 11.00 horas. A saída se producirá na Alameda da Debesa e percorrerá durante case 2 horas varias barrios da parroquia, incluido o novo barrio de Teixugueiras, no PAU Navia; para rematar diante da sede da asociación veciñal. Dende a organización recoméndase realizar as inscricións días antes do evento para evitar incidencias no mesmo día na liña de saída, onde tamén os últimos interesados se poden anotar. Con cada inscrición farase entrega dun dorsal que ao finalizar dará dereito a tomar un refrixerio e a participar nun sorteo de bicicletas, camisetas e agasallos; proporcionados polos numerosos patrocinadores, maioritariamente empresas e establecementos da parroquia. As inscricións se poden realizar na oficina da Asociación Veciñal de Navia na rúa Bravo, en horario de 17.00 a 21.00 horas, ou no teléfono 986 241 534. Máis información na web da asociación veciñal www.avnavia.org

No hay comentarios: