22.9.07

Vivenda contrata as obras da zona verde do PAU Navia

Relata hoxe o diario La Voz de Galicia e tamén o diario Faro de Vigo que a Consellería de Vivenda, que preside a nacionalista Teresa Táboas, contratou á empresa Brues e Fernández para a execución das obras de urbanización do espazo verde do PAU de Navia por 4,9 millóns de euros. Unha vez subscrito o contrato, a adxudicataria disporá de catorce meses para a realización das obras. En total, presentáronse ao concurso público 17 empresas, no que se valoraron a proposta económica, planificación da obra e equipo humano dispoñible, materiais a empregar e a experiencia da empresa en actuacións similares, así como a rebaixa do prazo de execución, que pasou de 18 a 14 meses. O espazo verde desenvolverase na área central do plan parcial de Navia, limitado por catro viarios, os edificios construídos no lateral da rúa Teixugueiras, dúas parcelas que acollerán equipamentos sociais, unha igrexa e un centro de saúde. O proxecto establece dúas grandes zonas diferenciadas: unha área verde e outra urbana, e un bosque de 15.000 metros cadrados.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Dende a 'plataforma pola defensa da ría' facemos un chamamento a tódala cidadanía a unha concentración en solidariedade co Courel, o domingo día 23 ás 11:00 da mañá na pista de patinaxe de Samil. Convidamos a todos/as a que se sumen a nós neste acto festivo e reivindicativo. Como sabedes O Courel está en perigo e necesita do apoio de todos/as. Para máis información sobre a situación do Courel, podedes ler o arquivo que consultar a páxina de SOS Courel.