20.9.07

Reciclavidrio en ruta chega á praia de Samil

A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago e o xerente da Asociación Ecovidrio, Germán Fernández, presentaron unha campaña de concienciación sobre a importancia da reciclaxe de vidro para o coidado do medio ambiente. A campaña co nome de Reciclavidrio en ruta estará na Praia de Samil desde hoxe día 20 ata o domingo 23 de setembro. Reciclavidrio en Ruta é un espazo ao aire libre de 1.000 m2 dedicados á educación e á diversión en torno ao reciclaxe de vidro. A través de múltiples actividades guiadas por educadores medioambientais, menores e adultos coñecerán de primeira man os beneficios do reciclaxe de vidro, o proceso completo do reciclado, os beneficios medioambientais, etc. No caso de Vigo, a campaña estará aberta ao público do 20 ao 23 de setembro na Praia de Samil no seguinte horario: xoves 20 e venres 21 de setembro: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e o sábado 22 e domingo 23 de setembro: de 10:00h a 14.30h e de 17:00h a 20:00h

No hay comentarios: