9.6.07

Intensa noite do venres no torneo das festas

Disputouse onte unha potente xornada no torneo das festas onde se enfrontaron entre si os catro equipos tradicionalmente favoritos en dous intensos partidos entre Os Mallos e Barrio Chino e Quintela conrta Sfinter de Baiano. No primeiro encontro de onte entre Os Mallos-Barrio Chino rexistrouse un xogo bastante igualado durante parte do partido xa que ambolos dous equipos tiñan importantes baixas entre os seus xogadores para este partido. Ainda que Barrio Chino marcou o primeiro gol, diferentes erros defensivos, a dificultade para iniciar e trazar as xogadas na área dos Mallos e a eficacia e acerto diante da portería destes últimos, fixo que o resultado final se decantase para o equipo do barrio do Piñeiro por 3-1. Tamén hai que destacar unha polémica falta na área de Barrio Chino onde Os Mallos sacaron ao asubío do árbitro cando o porteiro todavía colocaba a barreira e non estaba atento baixo os paus. No segundo encontro da noite entre Quintela-Sfinter de Baiano disputado pasadas ás 23.00 horas ante unha grande espectación de público, rexistrouse un bonito partido ao que chegaban o segundo equipo con varias baixas importantes que afectaron ao desenvolvemento do seu xogo pero que non impedíu que golearan 4-1 a un Quintela onde os seus xogadores más destacados acusaban a pérdida de forma física e a inactividade deportiva. Ainda así o impresionante xogo trazado por Quique na dianteira do Quintela deixou bonitas xogadas e regates. Ao igual que no primeiro encontro, houbo momentos de polémica na recta final do partido cando Quintela despois dun tempo morto decidíu cambiar ao seu porteiro por un porteiro-dianteiro. A pouca claridade e irracional plantexamento das normas do torneo sobre esta figura táctica fixo que Quintela non a aprobeitase correctamente ao dubidar o seu novo xogador en cruzalo campo. Segundo as normas o porteiro pode sair da sua área pero non atravesar a metade do campo, en cambio o porteiro-dianteiro que se diferencia do anterior en que leva peto de xogador, si pode atravesalo medio do campo e incorporarse en xogadas ofensivas ao tempo que exerce de gardameta.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Después de ayer ya está claro quienes van a disputar la final: Mallos y Sfinter

Anónimo dijo...

cuanto quedaron sfinter y quintela? ponen goleada pero no cuanto quedaron.

Anónimo dijo...

yaya menos lobos kperucita que Quintela se metera en la pomada pq ganara a teixugueiras y los chavales de navia fs

Anónimo dijo...

sfinter y quintela kdaron 4-1