
Dende hai varias semanas a Comisión de Festas de
San Paio de Navia está facendo a entrega do tradicional
libro da festa polos domicilios da parroquia e recollendo as derradeiras donancións voluntarias dos veciños para axudar a sufragar os gastos da celebración. Este ano as festas realizaránse os días 22, 23, 24 e 25 de xuño, coincidindo a misa solemne, procesión e bico da reliquia do noso patrón
San Paio o domingo 24 ás 12 horas na igrexa parroquial. O programa de festexos trae este ano á
Orquesta Nova Imperial e
Orquesta Iris o venres 22 a partir das 22.00 horas. O sábado 23 a partir das 19.00 horas haberá pasarrúas por toda a parroquia a cargo do
Grupo de Gaitas Aires de Santes e a partir das 22.00 horas amenizarán a velada a
Orquesta Casablanca,
Orquesta Mayel e a
Orquesta Atracción Salsa Rosa. Na xornada do domingo 24 haberá pasarrúas a cargo da
Banda de Música de Arbo e actuará a
Orquesta Marbella apartir das 21.00 horas. Finalmente o luns 25 haberá pasarrúas a cargo da
Murga O Son da Festa a partir das 10.00 da mañá, realizaranse as tradicionais
Cucañas a partir das 17.00 horas no torreiro da festa e finalmente actuará a
Orquesta Ceniza a partir das 21.00 horas.
1 comentario:
mimá cuanta loba sobre el escenario en las fiestas. cuánto pajillero habrá ese dia delante :D
Publicar un comentario