29.5.07

Barbara Fernández á fronte de Xestur Pontevedra

A vacante que deixou Emiliano Quintillán na xerencia de Xestur en Pontevedra foi cuberta por Bárbara Fernández Domínguez, filla de Amador Fernández, concelleiro nacionalista saínte na corporación municipal de Vigo. Bárbara Fernández chega ao cargo no medio da polémica sobre a suposta existencia de irregularidades na adxudicación da construción de 192 vivendas de protección oficial en Navia. Varias cooperativas que optaban ás parcelas denunciaron información privilexiada favorable á Federación Veciñal. Tamén houbo queixas de que Vivenda inventou criterios para poder outorgar a dedo o concurso á cooperativa da Federación Veciñal. Tamén a sua empresa Fercano S.L. xestiona o asesoramento da Cooperativa San Pelayo promovida pola Asociación Veciñal de Navia dende o ano 2006. O nomeamento produciuse o 4 de maio, un día despois de que a conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, anunciase o novo destino de Quintillán, coordinador do programa de promoción e creación de chan empresarial Galiza Suma, un proxecto que pretende habilitar polígonos industriais estratéxicos en toda Galicia.

No hay comentarios: