30.5.07

Ampliación do percorrido da Liña C5 por Navia

A partir do vindeiro 4 de xuño, a liña C5 contará cun novo percorrido. Esta liña desdobrarase en dúas e pasará a denominarse C5A e C5B, chegando a primeira ata Muíños e a segunda ata o PAU de Navia. Liña C5A: O percorrido dende Travesía de Vigo circulará por Urzáiz, Policarpo Sanz, Pi i Margall, Florida, Coia ou Muíños. Esta liña ampliarase en viaxes de ida e volta ata Muíños co seguinte percorrido: cemiterio de Bouzas por circunvalación, rúa Limpiño, Pedra Seixa (colexio), Xuncal, Alameda de Navia e Muíños. Liña C5B: O percorrido dende Travesía de Vigo por Buenos Aires, Sanxurxo Badía, García Barbón, Policarpo Sanz, Pi i Margall, Estrada, Porriño continuando pola circunvalación, rúa Limpiño e Teixugueiras. Trátase de viaxes de ida e volta. O sábados, domingos e festivos, ámbalas dúas liñas rematarán no cemiterio de Bouzas. Ademais, estas dúas prolongacións sustituirán o percorrido e horarios da liña 13 que deixará de prestar servizo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

menudo lio ha hecho vitrasa porque el c5 solo pasa por san pelayo de 7 a 10 de la mañana y de 9 a 11 de la noche. durante el dia no pasa por san pelayo no hay derecho a que nos quiten el 13 que al menos podiamos hacer trasbordo en traviesas.