3.3.07

Veciños de Samil critican a manifestación da FAVEC polo PXOM

A Asociación de Veciños de Samil criticou este xoves duramente a manifestación realizada o pasado sábado en Santiago pola Federación de Asociacións de Veciños de Vigo (FAVEC) a prol da aprobación do novo PXOM, e na que estaba representada e participou activamente a Asociación Veciñal de Navia. Segundo os veciños de Samil, non se pode defender un Plan Xeral que defende a especulación e que dá as costas aos cidadáns. Tamén engaden que estamos dispostos a utilizar a vía penal se non se defende os nosos intereses. O número de vivendas que se poden ver prexudicadas coa aprobación do novo Plan é de 15.000, o que se traduce en 50.000 veciños afectados. A postura da entidade de Samil é compartida polas asociacións de Lavadores, A Salgueira, Teis, Matamá, Sárdoma e Cabral.

No hay comentarios: