9.3.07

Próxima visita a Navia do delegado de Vivenda

O proximo luns 12 de marzo ás 20.00 horas o delegado da Consellería de Vivenda e Solo para provincia de Pontevedra, Eudosio Álvarez Álvarez, visitara a sede da Asociación Veciñal de Navia para reunirse coa sua xunta directiva e tratar algúns temas sobre a parroquia e a urbanizacion do PAU Navia. A esta reunión tamén asistirán a dirección e o AMPA do CEIP Alfonso R. Castelao, situado no entorno das obras de urbanización da terceira fase do PAU, onde se lles comunicará as novidades que afectarán ao entorno do centro educativo e que principalmente afectarán aos accesoso e comunicacións do centro. Na mesma reunión, de caracter sospeitosamente electoralista polo momento no que se produce e ao colectivos convocados, tamén estarán presentes afectados e compradores da promoción inmobiliaria de Arbones aos que se lles informará sobre a sua obra.

No hay comentarios: