6.3.07

Futbol Park na praia de Samil esta fin de semana

Os próximos días 9, 10 e 11 de marzo de 2007 estará instalado na pista de patinaxe da praia de Samil o evento Fútbol Park de Coca-Cola. Este é un evento que vai da man da Copa Coca-Cola, e ten como obxetivo fundamental que a xente coñeza o torneo e se apunte a él. Organizado por Delfin Group, Fútbol Park é un apasionante parque temático adicado ao mundo do fútbol. A participación é gratuita e permite tanto a menores como a adultos disfrutar dun circuito de seis atraccións, onde o balón é o protagonista. As instalacións abriranse ao público, participante ou visitante, ás 12.00 horas e comprenden: Portería de precisión, Lanzadeira, Chutómetro, Futcesto, Circuito de habilidade e Fútbol 3x3. A organización, patrocinadores e colaboradores distribuirán obsequios e agasallos entre os participantes.

No hay comentarios: