17.3.07

Presentado o proxecto da nova igrexa de Navia

Segundo se publica hoxe no Faro de Vigo o documento, elaborado por Francisco Castro, do estudo Castro e Alonso Arquitectos, acaba de ser presentado ao Concello de Vigo para a obtención da correspondente licenza de construción na parcela que linda coa rúa 2D e que está situada fronte ao terreo onde está previsto facer o centro de saúde. Un templo, unha cripta, sete capelas devocionales dedicadas a outros tantos santos e locais pastorales, ademais dun aparcamiento subterráneo son as características esenciais do proxecto básico da futura igrexa no PAU Navia, que recibirá o nome de Centro Pastoral Juan Pablo II. Estas dotacións estarán distribuídas en tres plantas (un baixo e dous sótanos). O exterior contará cun atrio inferior e outro superior, concibidos como lugar de encontro. Os accesos son a través de escaleiras e rampas para facilitar a entrada ás persoas con problemas de movilidad. Para rematar, o párroco non só terá oficina senón que tamén contará con vivenda no Centro Pastoral Juan Pablo II. Calcúlase que será preciso un investimento mínimo de 1,2 millóns de euros para materializalo proxecto.

No hay comentarios: