15.3.07

Continúan os preparativos da II Marcha Ciclista de Navia

Dende Asociación Veciñal de Navia continúan cos preparativos da II Marcha Ciclista de Navia, que se celebrará o vindeiro dia 22 de abril a partir das 11.00 horas. O prazo de inscripcion xa esta aberto, e tódolos interesados deberán inscribirse nas oficinas da asociación veciñal en horario de 17.00 a 19.00 horas onde se entregarán os dorsais aos participantes. O percorrido será similar ao do ano pasado pero todavia está por confirmar debido a tódalas obras que se están executando nos viais e rúas da parroquia.

No hay comentarios: