19.3.07

Praza de 3.000 m2 en Navia para celebrar concertos

O gran parque que ten previsto construír a Consellería de Vivenda en Navia, contará cunha praza de 3.000 m2 onde se habilitará unha zona para celebrar concertos e diversas actuacións a cuberto, así como unha cafetería. Estas instalacións formarán parte do parque de 90.000 m2 que se creará no PAU Navia e que pasará a ser a segunda zona verde máis grande de todo Vigo, por detrás do Monte do Castro. O espazo reservado pola consellería, caracterizarase pola presenza de espazos verdes con abundante vexetación e farase unha gran aposta pola arquitectura do auga, mediante a construción de fontes, estanques e fervenzas. Ademais, todas as instalacións funcionarán coa enerxía eléctrica que xeren os paneis solares que se colocarán nas zonas de descanso que haberá por todo o paseo. O proxecto custará 6,2 millóns de euros e será un punto de encontro para 4.000 familias. Desgraciadamente o feito de contemplar unha cafetería representa un paso máis na privatización e aproveitamento privativo do solo e espazos públicos e carece de todo razonamento lóxico ao existir nas inmediacións instalacións hosteleiras similares e o uso do espazo para concertos e eventos musicais ocasionará futuros problemas aos veciños residentes, algúns deles xa se manifestaron neste senso na páxina web Paudenavia.net

No hay comentarios: