
Cando as obras se executan de forma apresurada na procura de réditos electorais hai moitas posibilidades de que estas sexan plantexadas e executadas mal. Algo asi acontece coas obras de construción dos novos vestiarios da
Alameda da Debesa en
Navia cun presuposto de 62.732 euros e impulsado pola concellala de distrito
Maria Soledad Polo Lima. O prazo de execución das obras, de 2 meses está apunto de expirar e a cantidade e calidade dos materiais que se están empregando e o plantexamento do proxecto creemos non xustifica a cantidade presupostada. O proxecto que executa a empresa
Oresa, S.L. presenta destacados erros que no futuro acarreará non poucos problemas. A edificación se levanta no medio do solar deixado pola anterior construción xa derruida e desaproveita o espacio dispoñible

ao seu arredor. Coidamos que sería moito máis proveitosa a opción de edificar a instalación nun extremo do solar, integrada co muro de contención posterior, aproveitando a superficie superior como mirador e deixando libre o espacio frontal para ampliar a pista polideportiva ou destinala a outros usos. Cando a obra estea rematada pasarán poucas horas ata que as amarelas paredes da construción aparezan cubertas de pintadas e as inmediacións se convirtan novamente en foco de delincuencia e trapicheo pola protección e ocultación que ofrecerá a nova edificación. Entón sospeitamos que a
Asociación Veciñal de Navia seguirá de novo en silencio como fixo ata agora cun problema que aqueixaba aos veciños e usuarios da
Alameda da Debesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario