2.3.07

Atraco nunha sucursal de Caixanova en Navia

Esta mañá sobre as 13.00 horas producíuse un atraco na sucursal de Caixanova situada na Alameda da Debesa. Segundo parece atraco cometeuno un único asaltante a cara descuberta cunhas gafas de sol que se introducíu na entidade despois dunha veciña. O atracador fuxíu despois do lugar cos cartos incautados. Segundo certas fontes a cantidade do botín non foi elevada, pero non se precisou o seu montante. Axentes da Policía tomaban declaración ao persoal da entidade e as testemuñas este mediodía namentres menbros da Policía Científica examinaba o lugar na procura de pescudas e pegadas. Con éste xa é o segundo atraco que padece esta sucursal en menos de 6 meses.

No hay comentarios: