20.2.07

Resultado das eleccións na asociación veciñal

Segundo se anuncia na web da Asociación Veciñal de Navia o pasado domingo 18 de febreiro celebraronse por primeira vez na historia da entidade eleccións para a sua xunta directiva. Destas eleccións saiu gañadora por aplastante maioria a candidatura encabezada por Francisco Piñeiro Lorenzo, anterior vicepresidente e dono da empresa Electronavia, S.L. Segundo expoñen, esta nova xunta directiva sempre estara disposta e aberta a incorporacion de novos membros ou colaboradores para asi poder levar a cabo tódolos proxectos e tratar de satisfacer a todolos veciños do barrio.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Nótase que a información está calcada da web da AV Navia. Como xa comentei na sua web, o de aplastante maioría igual habería que cambialo ou matizalo. Os 115 votos dun total de 178 representan o 66%, 2/3 dos presentes nesa asemblea, pero non chega ao 20% do total da masa social de socios con dereito a votar que son preto de 600. Creo que hai que ser comedidos e gardar as formas nos comentarios e noticias sobre o resultado dos comicios para evitar revanchismos e enfrentamentos artificiais fora de lugar na nosa tranquila parroquia. Independentemente das motivacións que había detrás de cada candidatura, de tipo social-comprometido ou sospeitosamente pro-autolucro económico-urbanísticas, segundo o caso, opino que hai que procurar dende os "vencedores" tratar de sumar e de evitar divisións. Tamén coido que habería que perfeccionar o sistema e procedemento das votacións no futuro, establecendo uns tempos de campaña e exposición das candidaturas, periodo e sistema de validación dos votos e votantes, e un periodo de votacións dun par de horas. En definitiva hai que felicitar aos elexidos para que continuen realizando unha boa xestión que en definitiva é o que os veciños -sexan socios ou non- precisamos e valoramos.